Fundamentos constitucionales del Estado social español
- Cabanas-Veiga, Manuel
- Javier Ruipérez Alamillo Director/a
Universitat de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 13 de de setembre de 2017
- Luis Jimena Quesada President
- Manuel Fondevila Marón Secretari/ària
- Carolina León Bastos Vocal
Tipus: Tesi
Resum
Dende as mesmas orixes do Estado, o gobernante sempre tentou situarse por riba da Lei para facer valer a súa vontade sobre os seus semellantes. E o Estado social, como unha das moitas manifestacións estatais, non ía ser unha excepción. Deste xeito, a presente investigación móstrase como unha análise que pretende abordar os problemas que atopa o Estado social español para ser verdadeiramente efectivo e cales son os principais mecanismos cos que conta para facer fronte a dita circunstancia. Para isto levarase a cabo unha análise, dende a Teoría do Estado, de cales son aqueles elementos que permiten constituír una comunidade estatal sobre os que se cimenta o Estado moderno, para comprender como estes permiten explicar a súa creación e desenvolvemento ata a súa evolución no Estado social. Obviamente, para evitar que a temática se convertese nun tema excesivamente xenérico, esta obra aborda a problemática do Estado social español coa finalidade de analizar cómo se materializan todos os elementos constitucionais do Estado social no ordeamento constitucional nacional, coa finalidade de comprender ata qué punto se atopan garantidos no noso país. Así, examinarase a necesidade de que o gobernante se someta á Lei e os mecanismos existentes para facer fronte a dita eventualidade, así como as consecuencias para o mesmo en caso de rebelarse contra ela.